Síguenos en...

Presentación do Evento FICRURAL

Conscientes da necesidade dun cambio de modelo de desenvolvemento, que poida reverter a situación do territorio rural, a Feira Internacional da Economía e Cultura Rural e Alternativa FICRURAL 2018 nace co obxectivo de ser un foro de intercambio e divulgación de experiencias e casos de éxito para impulsar este novo modelo.

A FICRURAL, tal e como aconteceu sempre nas feiras ao longo da historia, é un punto de encontro para favorecer a colaboración e o intercambio, o diálogo e a reflexión sobre o pasado, o presente e o futuro do rural, compartindo experiencias con actores públicos e privados, nacionais e internacionais, para crear unha rede colaborativa entre axentes e proxectos de emprendemento rural para a dinamización do rural de Compostela e Comarca e dos concellos da provincia da A Coruña.

 




Calendario de Eventos e Actividades de Ficrural

Seleccione o día do evento, mostraránse os distintos días cos seus eventos. Se preme nun evento visualizará os datos ampliados do mesmo

Coñece o rural
Unha viaxe polo Oeste do rural de Compostela.
Rolda de prensa de presentación de FICRural
Rolda de prensa de presentación de FICRural o día 11 ás 11 da mañá na sala de prensa do Pazo de Raxoi no Concello en Santiago.
11:00 H.
Xincana Audiovisual FicRural
Mediante o conxunto de accións, eventos e actividades propostas dentro do FICRural Visión, preténdese mellorar o coñecemento da nosa cultura e identidade, así como crear un arquivo de recursos audiovisuais para recuperación da memoria rural e favorecer o diálogo intercultural entre os espazos rurais e os urbanos.
10:30 - 12:30
Inauguración de exposición Anacos do Rural
Inauguración de exposicion Anacos do rural de Compostela e A Coruña no recinto feiral de Amio Esta exposición é unha pequena escolma de imaxes documentais e históricas do rural de Compostela e da provincia da Coruña (1934-1989), que forman parte do proxecto editorial multimedia GALICIA NA MEMORIA.
11:45 - 12:45
Obradoiro de Xogos Tradicionais
ARRANCA O FICRURAL XOGO LEVANDO AS ESCOLAS DE COMPOSTELA UNHA MOSTRA DE XOGOS POPULARES FICRURAL XOGO é un dos tres eixos estratéxicos do FICRURAL, Foro Internacional da Cultura e Economía Rural, co que se pretende divulgar o patrimonio lúdico galego, socializalo e levar as escolas os xogos tradicionais, como alternativa de ocio aos xogos actuais.
11:00 - 12:00

Fotografías máis recentes de Ficrural

Últimas Novidades de Ficrural

Últimas Novidades de FICRURAL. Se preme no botón "VER TODAS" accederá a todas as novas do noso BLOG

Contactar con FICRURAL

Para contactar con FICRural podes facelo a través do nóso formulario, email ou teléfono

694 50 21 85    contacto@ficrural.gal



Parroquia do Concello de Santiago


Organizan

Colaboran