Síguenos en...

Blog

Buscará pór en valor as parroquias de Santiago e traer experiencias baseadas no coworking.

Propor proxectos de futuro para o medio rural e establecer sinerxías deste territorio co urbano para promover o seu coñecemento constitúen os principais obxectivos de FICRural, a Feira Internacional de Economía e Cultura Rural Alternativa, que se celebrará do 17 ao 23 de xuño na antiga fábrica de curtidos xunto ao río Sarela.

O evento, impulsado polo Concello de Santiago e a Deputación dá Coruña, buscará pór en valor as parroquias de Santiago, traer experiencias baseadas no coworking e pór o foco na muller como dinamizadora do rural. «Estamos convencidos de que outro modelo de rural é posible. Queremos que non sexa só un lugar para vivir, senón para traballar con proxectos innovadores», explicou Aser Álvarez, organizador da iniciativa, durante a presentación, na que estivo acompañado pola concelleira de Igualdade, Marta Lois; o edil de Medio Rural, Rafael Pena; e a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín.

FICRural contará con tres eixos de actividades: Visión, Feira e Xogo. O primeiro dos apartados persegue mellorar o coñecemento do medido rural, así como crear un arquivo de recursos audiovisuais. Neste marco desenvolverase o Festival de Cine Carlos Velo -xa recibiron máis de 200 traballos-, un encontro ibérico de cine rural e yincanas fotográficas. As primeiras levarán a cabo xa os días 2, 3 e 6 de maio.

Pola súa banda, no apartado feiral, crearase un espazo para favorecer o intercambio e o debate sobre o mundo rural. Haberá participación de todos os concellos da provincia, ademais de experiencias compostelás. Tamén se darán a coñecer proxectos de coworking de Cataluña, Baleares ou Aragón. No apartado de Xogo, promoveranse iniciativas lúdicas, levando aos centros educativos os xogos tradicionais.

A edil de Igualdade destacou que é fundamental potenciar o coñecemento do ámbito rural. Nese sentido, a vicepresidenta da Deputación considerou básico «crear sinerxías entre o rural e o urbano» ante o descoñecemento existente. Tamén o concelleiro de Medio Rural incidiu na necesidade de traballar en integrar ambos os territorios.

FICRURAL XOGO é un dos tres eixos estratéxicos do FICRURAL, Foro Internacional da Cultura e Economía Rural, co que se pretende divulgar o patrimonio lúdico galego, socializalo e levar as escolas os xogos tradicionais, como alternativa de ocio aos xogos actuais. E para os non tan cativos, acercar a contorna rural como alternativa de ocio para a práctica de actividades saudables e sostibles, promovendo o coñecemento deste territorio, a través de roteiros temáticos, andainas, saídas en bici e outras actividades para dar a coñecer o rural compostelán.

E como primeira actividade, este mércores 19 de decembro levase unha ludoteca de xogos tradicionais ao CEIP Raiña Fabiola, sendo este o primeiro dos cinco centros de Educación Primaria de Compostela aos que se vai a levar. Esta ludoteca conta cunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos. A idea é cear un espazo de ocio alternativo, onde poder gozar do xogo tradicional á vez que se desenvolven habilidades e destrezas manuais, cognitivas e a capacidade imaxinativa, a través de xogos de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño e de cooperación.

Ao longo dos meses de decembro e xaneiro desenvolveuse en 5 centros de Educación Primaria de Compostela a primeira actividade do programa FICRURAL Xogo. Levouse aos centros a ludoteca itinerante de Xandobela que conta cunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos.

Con esta actividade ofreceuse as rapazas e rapaces de Compostela un espazo de ocio alternativo, onde poder gozar do xogo tradicional á vez que se desenvolven habilidades e destrezas manuais, cognitivas e a capacidade imaxinativa, a través de xogos de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño e de cooperación.

A ludoteca itinerantes é a primeira dun paquete de actividades e accións do programa FICRural Xogo, un dos tres eixos estratéxicos do FICRURAL, co que se pretende divulgar o patrimonio lúdico galego e ofrecer unha alternativa de ocio aos xogos actuais ademais de ofrecer un paquete de actividades para coñecer o rural, como alternativa de ocio saudable e sostible.

Acercar e coñecer o rural é unha da misións do FICRural, pois lamentablemente o rural estase a converter nun gran descoñecido para unha gran parte da poboación, e é imprescindible coñecelo para ser conscientes da súa grandeza e potencial.

Páxina 1 de 2