fbpx

Síguenos en...

AS PROPOSTAS DESTACADAS DO FICRURAL 2019

Publicado en Blog
Posted by  Mércores, 09-25-2019
(0 votos)

A só un día de comezar o seu programa central na Fundación Laboral da Construción, o Foro Internacional de Cultura e Economía Rural 2019 destaca entre as suas propostas a realización dun mural en directo a cargo de Yoseba MP, dentro da súa serie Fenómenos do rural, e a actuación de Inmaculate Fools o sábado.

Os detalles destas xornadas centrais do FICRURAL foron presentados onte en rolda de prensa polo concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, e polo director do evento, Aser Álvarez. Uniuse a eles na comparecencia Kevin Weatherill, líder de Inmaculate Fools, mítica banda británica que volve aos escenarios para presentar o seu novo disco.

No marco desta edición do FICRURAL vai haber unha exposición sobre o artista galego Yoseba MP e o seu singular proxecto creativo Fenómenos do rural, centrado en mulleres que habitan no rural galego. Ao longo de todo o evento, este prestixioso artista multidisciplinar vai pintar en directo un mural no lugar onde se van desenvolver todas as actividades de FICRURAL, na Fundación Laboral da Construción. Rematado o mural, darase a coñecer a muller protagonista do lenzo.


Festival Internacional de Cine Rural de Galicia
FICRURAL está espallado este ano a todo o rural de Compostela, a través de programación nos seu centros socioculturais, onde se fará o visionado e posterior votación dos filmes finalistas (10 de entre mais de 200 presentadas dende diferentes paÍses) polos asistentes. Todos os actos deste Foro son de balde, coa vontade de ser punto de encontro para a cidadanía en xeral e para os profesionais do sector audiovisual, un espazo para o debate e a reflexión creativa sobre o pasado, o presente e o futuro do mundo rural.

Ademais de nos CSC, dentro do mesmo Foro desenvolverase a elección do filme gañador dos 10 finalistas do V Festival Internacional de Cinema Rural de Galicia. Haberá proxeccións continuas durante o xoves, venres e sábado dos dez filmes finalistas, 5 categoría ficción e 5 de documental, momentos durante o cal os asistentes poderán votar polo seu filme preferido e así ser partícipes da elección do gañador/a. O sábado pola tarde será a presentación oficial e, ás 19:30 horas, a cerimonia de entrega de galardóns.

Concertos
Venres e sábado pola noite, a festa poñerana grupos musicais con moito que dicir do rural galego. Uns por raíces, outros por chegar e non marchar, pero dende logo Immaculate Fools, Broke Lord, Mounqup ou Deteriorados ofrecerán os seus mellores espectáculos nun evento que comezou o pasado domingo cun acto inaugural cheo de emoción e sentimento, ao realizarse un repenique das campás das igrexas de Compostela.

Leído 192 veces Modificado por última vez el Sábado, 28 Setembro 2019 12:53
Compartir »

Sigue en directo todas as novidades do FIC2019 nas nosas redes ou no apartado AO VIVO desta páxina.