fbpx

Síguenos en...

Inauguración da Exposición Anacos Do Rural de Compostela e A Coruña en Amio

A Inauguración da Exposición Anacos Do Rural de Compostela e A Coruña en Amio, punto de partida do FICRURAL 2018-19

O pasado mércores 19 de decembro tivo lugar a inauguración da exposición Anacos do Rural no recinto Feiral de Amio. O acto inaugural contou coa presenza de representantes do Concello, Deputación da Coruña e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Entre o público había ademais varios gandeiros e visitantes da feira do gando.

A inauguración da exposición é a primeira acción desenvolvida dentro do FICRURAL 2018-2019, que conta cun amplo programa enfocado en poñer na primeira liña a situación actual das poboacións rurais. O obxectivo é reflexionar dende múltiples perspectivas sobre modelos de desenvolvemento sostibles que garantan o rural como unha opción real de vida na actualidade e nun futuro.

Compartir »

Sigue en directo todas as novidades do FIC2019 nas nosas redes ou no apartado AO VIVO desta páxina.