Síguenos en...

FICRURAL xogo achega alternativas de ocio aos colexios de compostela

Ao longo dos meses de decembro e xaneiro desenvolveuse en 5 centros de Educación Primaria de Compostela a primeira actividade do programa FICRURAL Xogo. Levouse aos centros a ludoteca itinerante de Xandobela que conta cunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos.

Con esta actividade ofreceuse as rapazas e rapaces de Compostela un espazo de ocio alternativo, onde poder gozar do xogo tradicional á vez que se desenvolven habilidades e destrezas manuais, cognitivas e a capacidade imaxinativa, a través de xogos de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño e de cooperación.

A ludoteca itinerantes é a primeira dun paquete de actividades e accións do programa FICRural Xogo, un dos tres eixos estratéxicos do FICRURAL, co que se pretende divulgar o patrimonio lúdico galego e ofrecer unha alternativa de ocio aos xogos actuais ademais de ofrecer un paquete de actividades para coñecer o rural, como alternativa de ocio saudable e sostible.

Acercar e coñecer o rural é unha da misións do FICRural, pois lamentablemente o rural estase a converter nun gran descoñecido para unha gran parte da poboación, e é imprescindible coñecelo para ser conscientes da súa grandeza e potencial.

Compartir »