Síguenos en...

Arranca o FICRURAL xogo levando as escolas de compstela unha mostra de xogos populares

FICRURAL XOGO é un dos tres eixos estratéxicos do FICRURAL, Foro Internacional da Cultura e Economía Rural, co que se pretende divulgar o patrimonio lúdico galego, socializalo e levar as escolas os xogos tradicionais, como alternativa de ocio aos xogos actuais. E para os non tan cativos, acercar a contorna rural como alternativa de ocio para a práctica de actividades saudables e sostibles, promovendo o coñecemento deste territorio, a través de roteiros temáticos, andainas, saídas en bici e outras actividades para dar a coñecer o rural compostelán.

E como primeira actividade, este mércores 19 de decembro levase unha ludoteca de xogos tradicionais ao CEIP Raiña Fabiola, sendo este o primeiro dos cinco centros de Educación Primaria de Compostela aos que se vai a levar. Esta ludoteca conta cunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos. A idea é cear un espazo de ocio alternativo, onde poder gozar do xogo tradicional á vez que se desenvolven habilidades e destrezas manuais, cognitivas e a capacidade imaxinativa, a través de xogos de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño e de cooperación.

Compartir »