Síguenos en...

Coñece o rural

Unha viaxe polo Oeste do rural de Compostela.

Coñece o rural

Os próximos días 2, 3 e 6 de maio o alumando de educación secundaria do Concello de Santiago está convidado a participar en tres roteiros fotográficos que recorrerán as parroquias de Santa Cristina de Fecha, Laraño e A Peregrina respectivamente.

Nos tres casos os roteiros comezarán nos Locais Socioculturais das parroquias sinaladas e serán guiados e acompañados pola fotógrafa Lydia Queiruga Maneiro que comezará a actividade cunha charla dirixida ás mozas e mozos participantes de 25 minutos de duración na que achegará conceptos de fotografía da natureza que empregaremos no roteiro fotográfico que realizaremos a continuación.

A actividade terá unha duración de 90 min. e desenevolverase nun percorrido sen barreiras que permitirá a participación de todo o alumando interesado en coñecer o rural e poder participar nesta xincana fotográfica.

Todos os centros de ensino secundario da cidade están convidados a participar nesta actividade e están nestes días no proceso de elección de xornada e lugar que visitarán. Para máis info e inscricións Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Compartir »