fbpx

Síguenos en...

 

V EDICIÓN FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE RURAL DE GALICIA

Trofeo do Festival, obra da artista Lina Cofán.

O Festival Internacional de Cine Rural de Galicia é o único festival de cine rural que hai en Galicia. e forma parte dunha rede estatal e internacional de festivais de cine rural.

Este festival é un espazo para a divulgación e exhibición de curtametraxes documentais e de ficción, cunha temática relacionada co medio rural e coa recuperación da memoria material e inmaterial dos pobos do mundo. Nesta V Edición, o festival estará espallado a todo o rural de Compostela, a través de programación nos seu centros socioculturais.

A FICRURAL vai ser, xa que logo, un punto de encontro para a cidadanía en xeral e para os profesionais do sector audiovisual, un espazo para o debate e a reflexión creativa sobre o pasado, o presente e o futuro do mundo rural. Con esta iniciativa reivindicamos igualmente a figura e o legado do gran cineasta de Cartelle, Carlos Velo, promovendo a creación e o desenvolvemento de proxectos artísticos, sociais, culturais, económicos e obras audiovisuais que xiren arredor do medio rural e do seu futuro. 

Entre os obxectivos dos organizadores deste festival multidisciplinar hai que destacar o interese polo coñecemento, a conservación e a defensa das culturas e dos sinais identitarios do mundo rural dos pobos do mundo, do seu singular patrimonio material e inmaterial, a recuperación e a codificación da memoria histórica e colectiva, e a promoción do intercambio interxeracional e a participación cidadá neste debate necesario e imprescindible sobre o futuro do mundo rural.  Esta iniciativa quere ser un referente cultural e artístico contemporáneo, un evento que proporcione un espazo de encontro e de proxección exterior do talento creativo pasado, presente e futuro.

EMAIL: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Sigue en directo todas as novidades do FIC2019 nas nosas redes ou no apartado AO VIVO desta páxina.