fbpx

Síguenos en...

Presentación de FicRural

Conscientes da necesidade dun cambio de modelo de desenvolvemento, que poida reverter a situación do territorio rural, a Feira Internacional da Economía e Cultura Rural e Alternativa FICRURAL 2019 nace co obxectivo de ser un foro de intercambio e divulgación de experiencias e casos de éxito para impulsar este novo modelo.

A FICRURAL, tal e como aconteceu sempre nas feiras ao longo da historia, é un punto de encontro para favorecer a colaboración e o intercambio, o diálogo e a reflexión sobre o pasado, o presente e o futuro do rural, compartindo experiencias con actores públicos e privados, nacionais e internacionais, para crear unha rede colaborativa entre axentes e proxectos de emprendemento rural para a dinamización do rural de Compostela e Comarca e dos concellos da provincia da A Coruña.

Para acadar estes fins, a FICRural 2018-2019 vaise desenvolver a través de tres eixos de actividades, FICRural Visión, FICRural Feira e Ficrural Xogo, cuxos obxectivos son:

  • Mellorar o coñecemento da nosa cultura e identidade, dinamizar os recursos endóxenos do rural e favorecer o diálogo e o intercambio entre os espazos rurais e os urbanos.

  • Abordar cada ano un aspecto diferente da cultura e da actividade económica no rural, invitando un país a presentar a súa situación e conclusións sobre a temática tratada. Nesta edición, o país convidado é Portugal e a temática vai xirar arredor do papel da muller no rural.

  • Incorporar sempre á cultura rural a perspectiva do emprendemento e o empoderamento do rural con proxectos produtivos, innovadores e colaborativos, que transformen o territorio rural.

  • Apostar pola celebración en Compostela de eventos relacionados coa economía e cultura rural e a súa valorización como recurso económico, coma o Festival de Cine Internacional de Cine Rural de Galicia “Carlos Velo” ou os Encontros Ibéricos de Cinema Rural, consolidando a aposta desta cidade pola cultura rural e o desenvolvemento produtivo das zonas rurais.

Compartir »

Sigue en directo todas as novidades do FIC2019 nas nosas redes ou no apartado AO VIVO desta páxina.