fbpx
Imprimir esta páxina

FICRural Visión - Traballos Finalistas V FICRural

  • Presentación dos traballos finalistas do V FICRURAL de Galicia

Mesa na que se abordarán os contidos das curtametraxes finalistas no contexto do papel expositivo e reivindicativo que pode xogar o cine á hora de facer reflexionar sobre o pasado, o presente e o futuro do mundo rural así como das formas de vida conectadas á natureza e á raigame cultural dos pobos.

 

Contaremos coa presenza de catro dos directores e directoras dos dez traballos finalistas, que compartirán co público a súas reflexións dende unha perspectiva cinematográfica.

 

Moderador:

  • Inés Vázquez (Lareira Pop)

Poñentes:

  • Sandra Román
  • Carlos Cazurro
  • José Carlos Castaño
  • Juan Galiñanes

 

 

  • INÉS VÁZQUEZ

Comunicadora, xestora cultural e escritora. Licenciada en Comunicación Audiovisual e  Magíster en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidade Complutense de Madrid. Cursou tamén a especialización en Dirección e Xestión de Entidades Culturais e Artísticas no Instituto Superior de Arte de Madrid.

No últimos dezaoito anos desempeñou a súa carreira profesional no ámbito da educación, a comunicación, as relacións públicas e o márketing. No ámbito educativo ten desenvolto a nivel estatal programas educativos de inclusión de temáticas de cidadanía global con perspectiva de innovación pedagóxica a través de programas da Axencia Española de Cooperación e Desenvolvemento.

Como xestora cultural, no ano 2010 funda  LAREIRA POP, entidade cultural independente na que desempeña o cargo de directora de proxectos artísticos e culturais.  É  codirectora do Festival Internacional de Cinema Rural de Galicia entre outros moitos proxectos vinculados a esta entidade.

Autora do libro de relatos UNOS CUANTOS (2013) e de textos e publicacións diversas, é tamén tradutora para organizacións internacionais. Mente inquieta xeradora de ideas, é ademais unha nai entusiasta.

 

 

  • CARLOS CAZURRO

Xornalista de formación, fotógrafo de profesión (tres veces galardoado co premio  National  Geographic de Fotografía) e contador de historias de vocación, chegou ao vídeo como medio para completar as súas reportaxes fotográficas cos sons, testemuños e movementos que sentía a necesidade de mostrar en moitos dos temas que retrataba co seu cámara. Os seus curtos foron seleccionados -e premiados- en diversos festivais nacionais e internacionais e actualmente segue traballando como fotógrafo e guionista mentres prepara a rodaxe do seu próximo traballo.

A súa curtametraxe El cielo es nuestro techo un dos dez traballos finalistas desta V Edición do Festival Internacional de Cinema Rural de Galicia, relata  a dura loita das mariscadoras de Cedeira (Galicia).

  • SANDRA ROMÁN

Sandra Román (1995, Igualada Barcelona) realizou os seus estudos de xornalista e comunicadora audiovisual na Universidade de Lleida. Trasladouse a Madrid para completar a súa carreira co máster en documental e reportaxe xornalístico  transmedia da  UC3M. Alí traballou en varios medios nacionais como TVE, Antena3 e  LaSexta como xornalista.

O seu curto documental  Ubi  sunt, un dos dez traballos finalistas desta V Edición do Festival Internacional de Cinema Rural de Galicia, é a súa ópera prima aínda que segue traballando noutros proxectos futuros. Sandra aposta polo mundo do documental pois este ten un valor engadido nun momento no que o ruído e a rapidez informativa non nos deixa ver máis aló.

  • JOSÉ CARLOS CASTAÑO

José Carlos Castaño é licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Granada aínda que a súa traxectoria laboral e persoal sempre estivo ligada á comunicación e ao  rudimento de contar historias. Redactor e produtor en numerosas produtoras como  Atrium Dixital de Sevilla, Ático 7 Grandes Viaxes, suplemento Dominical do Xornal de Cataluña, Revista  Icon.

Na actualidade desempeña o seu traballo na produción de documentais e na publicación de libros de carácter antropolóxico e literario, ambientados no ámbito rural (El vapor del alma, Rastros Rostros, La  parsimonia del corazón,...). A sua curta,  Luzas y  Morras reflexiona sobre o pastoreo, o oficio máis antigo que existe, esixe sacrificio constante e paixón pola natureza, con valores que exaltan a pureza da vida e que, con todo, corren serio perigo de extinción.

  • JUAN GALIÑANES

Juan Galiñanes leva máis de quince anos traballando como director, guionista e montador. Comezou no mundo da animación, onde dirixiu varios proxectos como “Holy Night” ou “O bufón e a infanta” (ambos traballos nominados aos premios Goya) e pasou despois ao terreo da ficción e a publicidade. Aquí, e alternado as súas tres facetas, traballou en proxectos como Dhogs, Serramoura, A Estiba, Feedback... ademáis de proxectos de carácter máis persoal como as curtas 3–1=0.

Na actualidade está a montar “La Unidad”, a nova serie de Dani de La Torre para Movistar Plus producida por Vaca Films. É tamén autor do guión de “Quien a hierro mata”, película dirixida por Paco plaza e protagonizada por Luis Tosar.

A súa curta Mariñeiro, una das dez curtas finalistas do Festivak Internacional de Cine Rural de Galicia, é a súa primeira incursión no documental.

 

 

 

 

 

Compartir »