- Entrega de Premios FICRURAL
Entrega de premios por parte dos membros do xurado e autoridades
PRESIDENTA DE HONRA DO XURADO
CAROL DE SWAAN
Nai de dous fillos, viúva de Carlos Velo
A miña experiencia laboral centrouse en publicacións e guións e como guionista de diversos Programas de Difusión Científica para o Consello Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de México.
Estiven a cargo da Coordinación da edición do Manual do Instrutor Comunitario, realizado polo Centro de Investigación e Estudos Avanzados do Instituto Politécnico Nacional para o Consello Nacional de Fomento Educativo.
Fun guionista do programa radiofónico Palabras Prohibidas, sobre violencia familiar, abuso sexual, e outros temas abordados dende a perspectiva de xénero.
Traballei como Coordinadora do Departamento de Socioloxía do Centro de Estudos Económicos e Sociais do Terceiro Mundo, fun coordinadora do Programa da Muller da Secretaría de Turismo onde editamos o libro Las Mujeres Damos Vida al Turismo.
Fun Directora da Academia Mexicana de Dereitos Humanos, desde onde impulsamos a primeira observación electoral da sociedade civil e a creación de Alianza Cívica, organismo non gobernamental encargado de vixiar as eleccións e a creación da Comisión Nacional de Dereitos Humanos, dirixida polo primeiro Obusdman en México, quen foi membro da Academia.
Fun ademais Coordinadora do Centro de Atención Integral das Mulleres da Delegación Xochimilco, zona moi marxinada cunha poboación de case un millón de persoas e un alto nivel de violencia familiar que combater.
XURADO
MERCEDES DE LA FUENTE
Enxeñeira de Telecomunicacións e Antropóloga Cultural e Social. Formada en cinema documental na Escola de San Antonio dos Baños (Cuba). Na actualidade é directora do Centro de Conservación e Restauración da Filmoteca Española. Integrante da Comisión de Seguemento do Plan Nacional de Conservación do Patrimonio Cultural do Século XX.
Colaborou na redacción de diversos artigos e relatorios relacionados cos arquivos fílmicos. Membro habitual de varios xurados de selección de festivais de cinema, curtametraxes e mostras escolares.
MARTA DEL RIEGO ANTA
Escritora, xornalista, poeta. Nacín no Noroeste (de España), é dicir, León; e vivín no Nordeste (de Europa), é dicir, Berlín. Tras dez anos de redactora xefe de Vanity Fair, e outro par dedicada á comunicación cultural, vino (case) todo. E aínda así, interésame (case) todo.
Amo o viño e a terra, Madrid, Berlín, Nova York; non creo na España baleira, si, na España chea, porque esas terras que ves desde o coche, terras aradas ou terras nas que medra algo verde ou terras en barbeito, teñen dono, labregos e gandeiros, paisanas e gandeiras. Publiquei tres novelas e o meu último libro é un ensaio literario-futbolístico, La Biblia Blanca. Historia Sagrada del Real Madrid (Córner). Son da Bañeza, case galega.
PLÁCIDO ROMERO
Exprofesor de Ensino Medio, usuario e investigador dos medios audiovisuais como recurso didáctico nas materias de Historia e Xeografía, nos anos noventa do século pasado. Produciu e dirixiu pezas didácticas e reportaxes sobre artistas plásticos. En Arraianos Producións, participou na realización de documentais como 100% CEF, Traballo Animal, Sisifo Confuso, Traballos e días de Francisco Leiro, ou O Purgatorio de Francisco Leiro, colaborando con Aser Álvarez, nestes e noutros proxectos audiovisuais e editoriais.
Como director realiza documentais que teñen como tema central a situación do rural galego como Cesteando, 2016, Fronteiras de Enerxía Animal, 2017 ou O Tempo na Luparia, 2018.
PATRICIA ESPAÑOL
Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza, especialidade de Historia Moderna. Desde o ano 1999 traballa como técnico de cultura na Comarca de Sobrarbe (Huesca), institución formada por 19 concellos que van dos aos 26 aos 2.128 habitantes, abarcando máis de 100 núcleos de poboación. Neste medio rural de montaña realiza diferentes proxectos de promoción e difusión cultural.
No campo da etnografía traballou sobre indumentaria tradicional e folclore. É directora e co-fundadora do Festival Internacional de Documental Etnográfico de Sobrarbe, Espiello, espello en aragonés, que en 2019 celebrou a seu XVII edición en Boltaña. Un referente dos festivais de cine rural en Europa.
LUCÍA ESTÉVEZ
Graduada en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e Porto, onde afonda no ámbito da creación artística e plástica durante unha bolsa Erasmus. En 2017 realiza Sendeiro, curtametraxe de ficción. En 2018 recibe o Premio María Luz Morais por Muller Personaxe, unha peza experimental que investiga o papel da muller nas pantallas galegas. En 2019 recibe o Premio do Carballo Interplay para dirixir a webserie XAN, co-creada xunto ao actor e guionista Miguel Canalejo.
Desde os seus estudos compaxina o seu labor como creadora co posto de auxiliar de cámara en producións para cinema e televisión. Tamén traballa para as compañías Chévere, A Quinta do Cuadrante, Emedous ou Teatro Muxicas.
ROSA MARÍA VILAS NÚÑEZ
Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Advanced Management Program polo Instituto de Empresa. Os primeiros pasos profesionais están vinculados á Cadena SER de Pontevedra e Vilagarcía, nos servizos informativos. Comeza a súa carreira profesional na CRTVG en xullo de 1989. Nos primeiros anos foi a presentadora e editora do Telexornal Mediodía. Ocupouse tamén da dirección e edición do Telexonal Serán e Noite. No ano 1999 convértese na primeira muller redactora xefe da TVG. Uns anos máis tarde ocupou a Subdirección de Informativos, ata o ano 2005.
Ao longo da súa traxectoria ocupouse tamén de coordinar espazos electorais ou especiais da TVG, como foron os informativos que se emitiron dende Bruxelas con motivo da incorporación de España ao Euro. Tamén se encargou de dirixir o dispositivo que a TVG montou durante varios días en Roma durante os últimos días de Xoán Paulo II e o seu pasamento.
O 1 de xuño de 2009 foi nomeada directora xerente da Televisión de Galicia. En 2014 recibiu o Premio Talento de TV concedido pola Academia de TV. En xullo de 2015 foi nomeada Dama da Orde do Albariño. Desde maio de 2017 ocupa o cargo de adxunta ao director xeral da CRTVG, posto no que liderou o recente proceso de transformación dixital da Televisión de Galicia.