fbpx

Síguenos en...

Eventos

Eventos (53)

Nullam dictum felis eu pede mollis pretium. Integer tincidunt. Cras dapibus. Vivamus elementum semper nisi. Aenean vulputate eleifend tellus. Aenean leo ligula, porttitor eu, consequat vitae, eleifend ac, enim. Aliquam lorem ante, dapibus in, viverra quis, feugiat a, tellus.

  • Entrega de Premios FICRURAL

Entrega de premios por parte dos membros do xurado e autoridades

 

PRESIDENTA DE HONRA DO XURADO 

CAROL DE SWAAN

Nai de dous fillos, viúva de Carlos Velo

A miña experiencia laboral centrouse en publicacións e guións e como guionista  de diversos Programas de Difusión Científica  para o Consello Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de México.

Estiven a cargo da Coordinación da  edición do Manual do Instrutor  Comunitario, realizado polo Centro de Investigación e Estudos Avanzados do Instituto Politécnico Nacional para o Consello Nacional de Fomento  Educativo.

Fun guionista do programa radiofónico Palabras Prohibidas, sobre violencia familiar, abuso sexual, e outros temas abordados dende a perspectiva de xénero.

Traballei como Coordinadora do Departamento de Socioloxía do Centro de Estudos Económicos e Sociais do Terceiro Mundo, fun coordinadora  do Programa da Muller da Secretaría de Turismo onde editamos o libro Las Mujeres Damos Vida al Turismo.

Fun Directora da Academia Mexicana de Dereitos Humanos, desde onde impulsamos a primeira observación electoral da sociedade civil e a creación de Alianza Cívica, organismo non gobernamental encargado de vixiar as eleccións  e a creación da Comisión Nacional de Dereitos Humanos, dirixida polo primeiro Obusdman en México, quen foi membro da Academia.

Fun ademais Coordinadora do Centro de Atención Integral das Mulleres da Delegación  Xochimilco, zona moi marxinada cunha poboación de case un millón de persoas e un alto nivel de violencia familiar que combater.

 

XURADO

MERCEDES DE LA FUENTE

Enxeñeira  de Telecomunicacións e Antropóloga Cultural e Social. Formada en cinema documental na Escola de San Antonio dos Baños (Cuba). Na actualidade é directora do Centro de Conservación e Restauración da Filmoteca Española. Integrante da Comisión de Seguemento do Plan Nacional de Conservación do Patrimonio Cultural do Século  XX.

Colaborou na redacción de diversos artigos e relatorios relacionados cos arquivos  fílmicos. Membro habitual de varios xurados de selección de festivais de cinema, curtametraxes e mostras escolares.

 

MARTA DEL RIEGO ANTA

Escritora, xornalista, poeta. Nacín no Noroeste (de España), é dicir, León; e vivín no Nordeste (de Europa), é dicir, Berlín. Tras dez anos de redactora xefe de Vanity  Fair, e outro par dedicada á comunicación cultural, vino (case) todo. E aínda así, interésame (case) todo.

Amo o viño e a terra, Madrid, Berlín, Nova York; non creo na España baleira, si, na España chea, porque esas terras que ves desde o coche, terras aradas ou terras nas que medra algo verde ou terras en barbeito, teñen dono, labregos e gandeiros, paisanas e gandeiras. Publiquei tres novelas e o meu último libro é un ensaio literario-futbolístico, La Biblia Blanca. Historia Sagrada del Real Madrid (Córner). Son da Bañeza, case galega.

  

PLÁCIDO ROMERO

Exprofesor de Ensino Medio, usuario e investigador dos medios audiovisuais como recurso didáctico nas materias de Historia e Xeografía, nos anos noventa do século pasado. Produciu e dirixiu pezas didácticas e reportaxes sobre artistas plásticos. En Arraianos Producións, participou na realización de documentais como 100% CEF,  Traballo Animal,  Sisifo Confuso, Traballos e días de Francisco Leiro, ou O Purgatorio de Francisco Leiro, colaborando con Aser Álvarez, nestes e noutros proxectos audiovisuais e editoriais.  

Como director realiza documentais que teñen como tema central a situación do rural galego como Cesteando, 2016, Fronteiras de Enerxía Animal, 2017 ou O Tempo na Luparia, 2018.

 

PATRICIA ESPAÑOL

Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza, especialidade de Historia Moderna. Desde o ano 1999 traballa como técnico de cultura na Comarca de  Sobrarbe  (Huesca), institución formada por 19 concellos que van dos aos 26 aos 2.128 habitantes, abarcando máis de 100 núcleos de poboación. Neste medio rural de montaña realiza diferentes proxectos de promoción e difusión cultural.

 No campo da etnografía traballou sobre indumentaria tradicional e folclore.  É directora e  co-fundadora do Festival Internacional de Documental Etnográfico de  Sobrarbe,  Espiello, espello en aragonés, que  en 2019 celebrou a seu  XVII edición en  Boltaña. Un referente dos festivais de cine rural en Europa.

  

LUCÍA ESTÉVEZ

Graduada en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e Porto, onde afonda no ámbito da creación artística e plástica durante unha bolsa Erasmus. En 2017 realiza  Sendeiro, curtametraxe de ficción. En 2018 recibe o Premio María Luz Morais por Muller  Personaxe, unha peza experimental que investiga o papel da muller nas pantallas galegas. En 2019 recibe o Premio do Carballo Interplay para dirixir a webserie XAN,  co-creada xunto ao actor e guionista Miguel Canalejo.

Desde os seus estudos compaxina o seu labor como creadora co posto de auxiliar de cámara en producións para cinema e televisión. Tamén traballa para as compañías Chévere, A Quinta  do Cuadrante,  Emedous ou Teatro  Muxicas.

  

ROSA MARÍA VILAS NÚÑEZ

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Advanced Management Program polo Instituto de Empresa. Os primeiros pasos profesionais están vinculados á Cadena SER de Pontevedra e Vilagarcía, nos servizos informativos. Comeza a súa carreira profesional na CRTVG en xullo de 1989. Nos primeiros anos foi a presentadora e editora do Telexornal Mediodía. Ocupouse tamén da dirección e edición do Telexonal Serán e Noite. No ano 1999 convértese na primeira muller redactora xefe da TVG. Uns anos máis tarde ocupou a Subdirección de Informativos, ata o ano 2005.

Ao longo da súa traxectoria ocupouse tamén de coordinar espazos electorais ou especiais da TVG, como foron os informativos que se emitiron dende Bruxelas con motivo da incorporación de España ao Euro. Tamén se encargou de dirixir o dispositivo que a TVG montou durante varios días en Roma durante os últimos días de Xoán Paulo II e o seu pasamento.

O 1 de xuño de 2009 foi nomeada directora xerente da Televisión de Galicia. En 2014 recibiu o Premio Talento de TV concedido pola Academia de TV. En xullo de 2015 foi nomeada Dama da Orde do Albariño. Desde maio de 2017 ocupa o cargo de adxunta ao director xeral da CRTVG, posto no que liderou o recente proceso de transformación dixital da Televisión de Galicia.

 

 

 

 

 

  • Concerto de Broke Lord

Broke Lord é o proxeto personal do músico e escritor Luis Boullosa. Co seu terceiro disco, "I Am the Phantom Limb" reincide na sua obsesión polas pasaxes crepusculares, xa apuntada nos anteriores traballos, "Death of a Flower" e "Nazgul Says", ofrecendo ao mesmo tempo unha colección de temas que o dotan dun carácter máis expansivo e experimental. Broke Lord preséntase aquí por primeira vez en directo en formato trío, co seu pop escuro e influido por artistas como Lou Reed, Mark Kozelek, Sisters of Mercy ou Lambchop. Un auténtico poeta zulú galaico que só baixa de cando en vez á cidade para mercar sustancias alucinóxenas e comerciar coas palabras. Primicia internacional deste trío en FICRURAL 2019. Imprescindible.     

 

 

 

 

  • Concerto de Inmaculate Fools

FICRURAL 2019 acolle o 34 aniversario da edición do primeiro single da popularísima banda inglesa. Immaculate Fools deulles a coñecer en todo o mundo. Este tema é un dos maiores éxitos da música británica e forma parte da memoria sonora dunha xeración.

Immaculate Fools acaba de editar un novo álbum, “Keep the blade sharp” e ademais vanse a reeditar as primeiras e míticas referencias en vinilo. Kevin Weatherill, cantante e fundador do grupo, xunto cun selecto elenco de músicos españois e británicos, volveu a engrasar a maquinaria e dende a súa base de operacións nun lugar segredo do rural galego, que endexamais confesaremos, comeza a súa xira con nós para percorrer España e Europa tocando os himnos desta mítica banda británica. Immaculate Fools está de volta, de volta en Galicia, no mesmísimo Principio do Mundo, onde moitos prefiren ver o final do mundo. Un agasallo para ti, que cres no futuro do noso rural.  

 

 

 

 

 

Páxina 11 de 18

Sigue en directo todas as novidades do FIC2019 nas nosas redes ou no apartado AO VIVO desta páxina.