fbpx

Síguenos en...

Eventos

Eventos (53)

Nullam dictum felis eu pede mollis pretium. Integer tincidunt. Cras dapibus. Vivamus elementum semper nisi. Aenean vulputate eleifend tellus. Aenean leo ligula, porttitor eu, consequat vitae, eleifend ac, enim. Aliquam lorem ante, dapibus in, viverra quis, feugiat a, tellus.

Sábado 21 - ACTIVIDADE APRAZADA DEBIDO AO MAL TEMPO, DESCULPADE AS MOLESTIAS

  • Roteiro a pé: Pedras e estrelas

Visita nocturna ao petróglifo da pedra que fala, obradoiro de astronomía cultural e observación das estrelas.

Hora: 20:00

 

 

 

Domingo 22 - ACTIVIDADE APRAZADA DEBIDO AO MAL TEMPO, DESCULPADE AS MOLESTIAS

  • Roteiro en bici e a pé: Coñece o rural

Con motivo da celebración do Día Mundial sen coches, farase un roteiro guiado e de balde para ir a pé até o acto inaugural do FICRURAL 2019 no CSC A Gracia.

Horario: 9:30 – 11:30

Debido ao mal tempo, o camiño ao CSC A Gracia farase de balde no bus do FICRural a partir das 11:00 h.

Saída: Fundación Laboral da Construción

 

 

 

 

  • Inauguración FICRURAL no CSC A Gracia

22 de Setembro de 2019, 11:30 horas – CSC A Gracia

 

ANDAINA E ACCIÓN COLECTIVA NO DÍA MUNDIAL SEN COCHES

11:30 h. Acto inaugural do FICRURAL 2019 terá lugar no Centro Sociocultural A Gracia, e será un evento popular e aberto ao público, onde imos desfrutar dunha sesión de narración oral a cargo de María da Pontragha, e a lectura do manifesto “A ESPAÑA BALEIRA”  por parte dun membro da Red de Periodistas Rurales de España.

Acto inaugural FICRURAL 2019

12:00 h. Acción colectiva: “CAMPÁS DE COMPOSTELA” co toque simultáneo de todas as campás de Compostela, coordinado por Moisés Quintas, nunha acción reivindicativa a chamar a atención sobre a crise global do mundo rural e a necesidade dun futuro para o rural de Compostela e de toda Galicia.

12:15 h. Concerto “TERRA E ALMA”. Moisés Quintas ofrecerá ás persoas asistentes un concerto multidisciplinar onde se interrelacionan as músicas e letras dos alalás, interpretados con distintos instrumentos populares e tradicionais de Galicia; e as fotografías de Carlos Valcárcel, realizadas entre os anos 60-70 do século pasado e os sons da Terra. Estes elementos vanse dando vida uns aos outros creando unha ampla paisaxe visual e sonora, que transporta ao ouvinte a outra época e a outros lugares de Galicia.

Biografía

Moisés Quintas (Bande, Ourense, 1965), é diplomado en maxisterio na especialidade de Ciencias Humanas e mestre especialista en Educación Musical. Estudou guitarra e frauta traveseira nos conservatorios de Ourense, Cádiz e Vigo, sendo profesor de guitarra clásica polo Real

Conservatorio de Música de Cádiz.

É Membro fundador do grupo Trasmundi: “Raianos” (Clave Records 2001). “En tempos que se foron…” (Ouvirmos 2010).

Publicacións:

- “Guía Didáctica de Instrumentos Galegos” (Ouvirmos 2011). Libro-CD.

- “Pito Galego, Método práctico” (Ouvirmos 2015). Libro-web.

- “Terra e Alma” (Canela 2018). Libro-CD con contido

No ano 2016, o festival Música no Claustro fai un recoñecemento ao seu labor musical na sección Homenaxe amor e vida pola música”.

13:00 h. Proxección de documentais históricos de Filmoteca Española e da Mediateca do Ministerio de Agricultura incluídos no proxecto multimedia Galicia na Memoria.

13:30 h. Visita guiada e clausura da exposición Anacos do Rural de Compostela e provincia no CSC A Gracia.

 

 

 

 

Páxina 12 de 18

Sigue en directo todas as novidades do FIC2019 nas nosas redes ou no apartado AO VIVO desta páxina.