fbpx

Síguenos en...

ficrural

ficrural

Xoves, 19 Setembro 2019 16:22

FICRural Feira - O Urbanismo e o Rural

  • Mesa: O urbanismo e o rural

Obxectivo: Analizar as causas co colapso territorial en Galicia e a necesidade de dar respostas aos problemas urbanísticos e de definición dos usos da terra, a partir dunha exemplificación no caso de Compostela e Comarca.

Moderador/a:

  • Agustina Sangüesa Alba, coordinadora da Rede de Periodistas Rurais.

Participantes:

  • Xosé Allegue Fernández, Arquitecto Xefe da Oficina Supervisora de Proxectos e Infraestruturas do Consorcio de Santiago de Compostela.
  • Xosé Constenla Vega, profesor da Universidade de Vigo e autor do ensaio “O colapso territorial en Galiza”.
  • Mesa: Encontro de Mulleres Rurais de Compostela e Comarca

 

Obxectivo: Foro de diferentes experiencias levadas por mulleres de iniciativa e defensa  de modos sustentables de vida no rural, coa finalidade de reivindicar o seu papel fundamental e pouco recoñecido de resistencia e loita contra o abandono e na defensa da cultura tradicional.

 

Moderador/a:

  • Carme Freire Cruces, Labrega e Formadora Ecolóxica e Artesanal.

Participantes:

  • Cruz Barral Carollo, Labrega e membro da Asociación Nonéomesmo
  • María del Rosario López Gómez, responsable de Charo López Atelier
  • María Cruz Dafonte Raña, responsable do programa “As que Fomos” (Obradoiros de Apoderamento para Mulleres do Rural)
  • Isabel Sánchez Manso, responsable proxecto de recuperación do patrimonio inmaterial no rural
  • Beatriz Barril Romero, responsable de SPACIO B Diseño
Xoves, 19 Setembro 2019 16:21

FICRural Feira - Proxectos Innovadores

  • Mesa: Proxectos innovadores do rural na comarca de Compostela

Moderador/a:

  • María Cedrón, redactora La Voz de Galicia e coordinadora de Somos Agro.

Participantes:

  • Xosé Portas García, xerente de Discarlux e responsable do proxecto Fisterra Bovine World.
  • Manuel Pérez Lois, responsable do Fogar do Selmo.
  • Elena Díaz, cervexa ecolóxica Toupiña.
Xoves, 19 Setembro 2019 16:20

FICRural Feira - O Rural e a Universidade

  • Mesa: O rural e a universidade

Obxectivo: Apuntar o papel das diferentes universidades galegas como focos potenciais de creación e difusión de coñecemento e innovación aplicada aos problemas, retos e desafío do rural en Galicia.

Moderador/a:

  • Agustina Sangüesa Alba, coordinadora da Red de Periodistas Rurales de España.

Participantes:

  • Eduardo Curto Rodríguez, profesor da USC do departamento de Organización de empresas e Comercialización e membro do xurado do concurso de emprendemento "Semente" de Monforte de Lemos

  • Yolanda Pena-Boquete, directora de investigación de AYeconomics Research Centre, spin-off da USC

  • Xoan Carlos Carreira Pérez, Director da Escola Politécnica Superior de Lugo e organizador das “Xornadas Agrarias Galegas”
Xoves, 19 Setembro 2019 16:20

FICRural Feira - Deputación da Coruña

  • Mesa: Deputación Da Coruña: Proxectos de desenvolvemento rural

Obxectivo: Debater dende o local sobre a problemática do rural, onde varios membros da Asociación Galega de Profesionais do Desenvolvemento Local de Galicia e dos Grupos de Desenvolvemento Rural van facer unha posta en común de proxectos innovadores de desenvolvemento endóxeno canda os xestores de varios concellos da provincia de A Coruña

Xoves, 19 Setembro 2019 16:19

FICRural Feira - O Rural en Galicia

  • Mesa: O rural en Galicia

Obxectivo: Contrastar as diferentes propostas sobre o modelo territorial galego, o desenvolvemento rural e a crise demográfica, realizadas polas forzas políticas autonómicas con representación parlamentaria, co obxectivo de asentar unhas bases mínimas para o establecemento dun pacto polo rural

 

Moderador/a:

  • María Cedrón, redactora de La Voz de Galicia e coordinadora de Somos Agro.

Participantes:

  • José Antonio Quiroga Díaz (PSdG-PSOE)
  • Antón Sánchez García (Grupo Común da Esquerda)
  • Mini (Xosé Luís Rivas Cruz) (BNG)
  • Moisés Blanco Paradelo (Partido Popular)
  • Davide Rodríguez Estévez (Grupo Parlamentario Mixto-En Marea)
  • Inauguración FICRURAL no CSC A Gracia

22 de Setembro de 2019, 11:30 horas – CSC A Gracia

 

ANDAINA E ACCIÓN COLECTIVA NO DÍA MUNDIAL SEN COCHES

11:30 h. Acto inaugural do FICRURAL 2019 terá lugar no Centro Sociocultural A Gracia, e será un evento popular e aberto ao público, onde imos desfrutar dunha sesión de narración oral a cargo de María da Pontragha, e a lectura do manifesto “A ESPAÑA BALEIRA”  por parte dun membro da Red de Periodistas Rurales de España.

Acto inaugural FICRURAL 2019

12:00 h. Acción colectiva: “CAMPÁS DE COMPOSTELA” co toque simultáneo de todas as campás de Compostela, coordinado por Moisés Quintas, nunha acción reivindicativa a chamar a atención sobre a crise global do mundo rural e a necesidade dun futuro para o rural de Compostela e de toda Galicia.

12:15 h. Concerto “TERRA E ALMA”. Moisés Quintas ofrecerá ás persoas asistentes un concerto multidisciplinar onde se interrelacionan as músicas e letras dos alalás, interpretados con distintos instrumentos populares e tradicionais de Galicia; e as fotografías de Carlos Valcárcel, realizadas entre os anos 60-70 do século pasado e os sons da Terra. Estes elementos vanse dando vida uns aos outros creando unha ampla paisaxe visual e sonora, que transporta ao ouvinte a outra época e a outros lugares de Galicia.

Biografía

Moisés Quintas (Bande, Ourense, 1965), é diplomado en maxisterio na especialidade de Ciencias Humanas e mestre especialista en Educación Musical. Estudou guitarra e frauta traveseira nos conservatorios de Ourense, Cádiz e Vigo, sendo profesor de guitarra clásica polo Real

Conservatorio de Música de Cádiz.

É Membro fundador do grupo Trasmundi: “Raianos” (Clave Records 2001). “En tempos que se foron…” (Ouvirmos 2010).

Publicacións:

- “Guía Didáctica de Instrumentos Galegos” (Ouvirmos 2011). Libro-CD.

- “Pito Galego, Método práctico” (Ouvirmos 2015). Libro-web.

- “Terra e Alma” (Canela 2018). Libro-CD con contido

No ano 2016, o festival Música no Claustro fai un recoñecemento ao seu labor musical na sección Homenaxe amor e vida pola música”.

13:00 h. Proxección de documentais históricos de Filmoteca Española e da Mediateca do Ministerio de Agricultura incluídos no proxecto multimedia Galicia na Memoria.

13:30 h. Visita guiada e clausura da exposición Anacos do Rural de Compostela e provincia no CSC A Gracia.

 

 

 

 

Domingo 22 - ACTIVIDADE APRAZADA DEBIDO AO MAL TEMPO, DESCULPADE AS MOLESTIAS

  • Roteiro en bici e a pé: Coñece o rural

Con motivo da celebración do Día Mundial sen coches, farase un roteiro guiado e de balde para ir a pé até o acto inaugural do FICRURAL 2019 no CSC A Gracia.

Horario: 9:30 – 11:30

Debido ao mal tempo, o camiño ao CSC A Gracia farase de balde no bus do FICRural a partir das 11:00 h.

Saída: Fundación Laboral da Construción

 

 

 

 

Sábado 21 - ACTIVIDADE APRAZADA DEBIDO AO MAL TEMPO, DESCULPADE AS MOLESTIAS

  • Roteiro a pé: Pedras e estrelas

Visita nocturna ao petróglifo da pedra que fala, obradoiro de astronomía cultural e observación das estrelas.

Hora: 20:00

 

 

 

  • Concerto de Inmaculate Fools

FICRURAL 2019 acolle o 34 aniversario da edición do primeiro single da popularísima banda inglesa. Immaculate Fools deulles a coñecer en todo o mundo. Este tema é un dos maiores éxitos da música británica e forma parte da memoria sonora dunha xeración.

Immaculate Fools acaba de editar un novo álbum, “Keep the blade sharp” e ademais vanse a reeditar as primeiras e míticas referencias en vinilo. Kevin Weatherill, cantante e fundador do grupo, xunto cun selecto elenco de músicos españois e británicos, volveu a engrasar a maquinaria e dende a súa base de operacións nun lugar segredo do rural galego, que endexamais confesaremos, comeza a súa xira con nós para percorrer España e Europa tocando os himnos desta mítica banda británica. Immaculate Fools está de volta, de volta en Galicia, no mesmísimo Principio do Mundo, onde moitos prefiren ver o final do mundo. Un agasallo para ti, que cres no futuro do noso rural.  

 

 

 

 

 

Páxina 3 de 6

Sigue en directo todas as novidades do FIC2019 nas nosas redes ou no apartado AO VIVO desta páxina.